U.D. CORCUBIÓN

Primeira parte de moita intensidade e de moita igualdade, con ocasións para ambos equipos, no que o protagonista sería o porteiro local, o gran Iván Couto, con varias intervencións de moito mérito.

Na segunda o partido púxoselle pronto de cara ó Xallas, ca expulsión do defensa visitante Mario. Dous goles rápidos do Xallas e moi protestados por fóra de xogo polos visitantes parecían sentenzar o partido. Pero o Corcubión, cun menos pola expulsión de Mario, e dous goles abaixo, non se viu abaixo. O Xallas veuse vencedor, baixo o ritmo e apareceu o capi Iago Lema, que recurtou distancias de cabeza e pouco despois Samu Trillo empataría para os visitantes. Iago e César tiveron un par de ocasións para remontar o partido, pero finalmente o resultado non se movería.

Crónica do diario «Que Pasa na Costa» (quepasanacosta.gal)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *