Xogaba o UD Corcubión Feminino un partido difícil en casa contra un dos equipos mellor situados na táboa.
Un partido que comezaba bastante igualado e con ocasións para ambos equipos. Apretaban as corcubionesas á defensa visitante e adiantábanse desta forma no minuto 29, cun gol de María Castro. Este tanto serviría para dar forzas ás locais que conseguían, con outro acerto de María Castro no 41, chegar ao descanso cunha diferenza de dous goles.
As xogadoras de Ponteceso non se rendían e continuaban intentando encadrar o balón na portería rival con varias oportunidades non acertadas principalmente todo nos derradeiros minutos, minutos que as corcubionesas souberon sufrir e aguantar ata o final do partido.
Unha vitoria importante e alentadora para o UD Corcubión tras uns encontros con resultados pouco satisfactorios.