U.D. CORCUBIÓN

Na tarde noite do domingo, a UD Corcubión Feminina enfrontábase en Negreira ao seu derradeiro partido do ano, contra o A.D. Nicariense.
Aos 4 minutos de comezar o encontro, un fallo en propia meta das locais poñían por diante no marcador ás corcubionesas, que a partir deste momento comezaban a facerse co campo e co balón cun dominio prácticamente total. Sería na primeira parte cando chegarían os dous goles seguintes no medio de outros moitos tiros á portería rival que por unhas razóns ou outras non foron encadrados con éxito entre os paus. Sería María Castro na que, no minuto 25, acadaba o 2-0 e Helena quen, a catro minutos de rematar a primeira parte, marcaría o seguinte gol.
A segunda parte transcorreu sen goles, pero non sen numerosos intentos, sen éxito de novo, para as visitantes. Nos derradeiros minutos as locais tocaban un pouco máis o balón, mais isto non foi suficiente ante unha UD Corcubión que se amosou firme ata o final.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *